Cambiar a Galego Cambiar a Castellano
Grupo Nosa Terra

Grupo Nosa Terra

Grupo Nosa Terra

X

Empregamos cookies propias e de terceiros para a análise do noso tráfico e a mellora dos nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso. Ler máis

Desfile do traxe A Guarda 2011 Bailando na rua

O Grupo Nosa Terra de Pereiras é un grupo tradicional fundado no ano 1981 en Mos, Galiza, co obxectivo de contribuír á conservación da cultura tradicional galega na parte de músicas e bailes. Con esta idea o grupo componse das seccións de baile, de canto e de música, no que se poden ollar, alén da voz, instrumentos tradicionais como a gaita, o bombo, o tambor ou a pandeireta, así coma outros de tradición máis recente como o acordeón ou o clarinete.

Os bailes e músicas fan un percorrido por toda a xeografía galega dos séculos XVIII a XX. Estes bailes son de coreografías elaboradas no presente baseándose en coñecementos tradicionais, máis tamén totalmente tradicionais recollidas de persoas maiores.

Os traxes dos bailadores e músicos representan algúns dos diferentes xeitos de vestirse na Galiza: traxes para casamentos, celebracións, traballo… que se caracterizan polo seu gran número de pezas, sobre todo na muller.